sexta-feira, junho 24, 2005

Política lingüística

Despois de estas últimas semanas (aínda que semellaron anos) de campaña electoral oficial e oficiosa puiden chegar á confirmación do que xa sospeitaba: os políticos non o fan nada ben. Vaia, se cadra, dito así isto pode soar raro, polo que rectifico: os políticos, entre outras moitas cousas que non fan nada ben, non saben falar galego.
Suponse que os políticos son os nosos representantes, pero, a verdade, eu non me podo sentir identificada con alguén que de cada cinco palabras, tres as dí en español; ou que para o que máis usa a nosa lingua é para insultar; ou que vaia a ter erros lingüísticos tan profundos no seu discurso.
Se cando un cidadán quere optar a un posto dentro de calquera entidade dependente dun organismo oficial galego ten que pasar un exame ou facer un curso de galego, non entendo a razón pola que aqueles que van pasar catro anos nos gobernos municipais ou autonómicos están exentos deste requisito.
Para que tanto esforzo e cartos investidos en política lingüística facendo o plan xeral de normalización para a lingua galega (PXNLG) se eles son os primeiros en non cumprilo?