quarta-feira, junho 08, 2005

Que imos facer con nós?

Na Galiza contamos cunha institución que vela polos intereses da nosa lingua: o Centro Ramón Piñeiro (cirp), ou iso en teoría... Na realidade non semella que sexa ese o caso, especialmente se vemos a súa web, que non actualiza máis que as convocatorias de bolsas, ... con catro ou cinco meses de retraso, porque o resto da web tamén ten unha desactualización de catro ou cinco, pero anos. Efectivamente, incríble pero certo...
Un claro exemplo do funcionamento desta institución é o proxecto do Eurowordnet para o galego: a eurowornet é unha especie de rede ontolóxica, de ordenación do mundo, que serve de base en diversos proxectos; pero non debe ser o suficientemente interesante, porque aínda que hai cinco anos que o Centre de Llenguatges i Computació (CLiC, algo así como o que debería ser o cirp, pero para o catalán) deu ao cirp as ferramentas precisas para crear o Eurowordnet para o galego, o único que fixeron desde aquela foi poñerlle un nome (Galwordnet) e recibir as subvencións da Xunta.
Pero tamén ten feito algunhas cousas moi interesantes, como o proxecto Cotovía, un sistema de conversión texto-voz bilingüe para galego e castelán.